O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar.
Plataforma en Defensa das Árbores da Limia solicita unha reunión axiña coa Conselleira de Infraestruturas
Concordaron en que a mellor solucción ao problema da circulación de camións de grande tonelaxe non é ensanchar a Avenida de Celanova senón acondicionar as pistas transversais para que así poidan transitar por elas. Evitaríase deste xeito a talla das árbores centenarias e que o tráfico pesado teña que atravesar polo medio da vila. Urxe tomar medidas axiña que eviten o arboricidio. O colectivo rexistrou un escrito instando ao alcalde a que solicite unha reunión coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, para tentar modificar o proxecto.
A plataforma cidadá Amigas e Amigos das Árbores da Limia leva recollidas un total de 2.520 sinaturas que xa entregou ao Concello de Xinzo e á Xunta de Galicia. É outra iniciativa máis das que están levando a cabo para paralizar o inminente proxecto de acondicionamento da Avenida de Celanova que inclúe a corta de 56 plátanos dun cento de anos de antigüidade.
Dende a comisión cren que "a esencia do Entroido non necesita de organización,máis na actualidade debido a gran afluencia de xente que acode a nosa festa necesitamos organizala".
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759