Tras 4 anos de xestión da empresa Matinsa, os bombeiros consideran que o Consorcio Provincial, formado por Xunta e Deputación, non pode tolerar máis tempo os gravísimos incumprimentos nos que no seu parecer incorre Matinsa dende hai longo tempo. "Incumprimentos que nos impiden en moitos casos aos bombeiros desempeñar a nosa labor, ou polo menos dificúltana en extremo. Incumprimentos que fan que vehículos estean longos períodos avariados, que materiais non se repoñan, que non se fagan mantementos adecuados, que ao non cubrir as baixas do persoal as dotacións estean case sempre ao mínimo, etc, etc…" con evidente afectación á calidade do servizo aos cidadáns.
O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar.
O Centro Social A Devesa, no município galego de Salceda de Caselas, recebeu neste dia 2 de dezembro as primeiras Jornadas Galego-Portuguesas frente à eucaliptização e os incêndios, organizadas por um conjunto de coletivos de ambos os países, nomeadamente Cousa de Raíces, ADEGA e a Associação Treze-Catorze, com a colaboração da Câmara Municipal de Salceda, a Associação Quercus e a Associação Matagal. O acto foi inaugurado por Marcos Besada, presidente da Câmara anfitrioa afetada em 25% do seu território pelos incêndios florestais de outubro.
Fai xa dous anos e oito meses, o colectivo de bombeiros de xestión indirecta de Galicia comezou unha folga indefinida como consecuencia do nulo compromiso de empresas e administración no cumprimento das esixencias da Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia, nomeadamente no referido á homoxeneización das condicións de traballo dos bombeiros de Galicia. Encadrábase o inicio de dita folga no fracaso das negociacións coas distintas empresas concesionarias dun convenio marco de condicións mínimas.
Denuncian que o mantemento dos camións contraincendios no se realiza en talleres equipados para aforrar en costes e que para solventar un cambio de pastillas de freos entrega un camión sen cinto de seguridade.
Esta semana asistimos, trala xuntanza mantida entre representantes das Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a unha nova confirmación de que estas tres Deputacións avogan pola xestión directa dos servizos de bombeiros comarcais de Galicia.
A pról da estabilidade laboral, os sindicatos CSIF e CIG demandan ó cumprimento dos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e os sindicatos, onde redundaría nunha maior profesionalidade do operativo contra incendios da Xunta de Galicia.
O xoves 13 de abril comeza o período de Alto Risco - no que a loita contra incendios forestais se refire - declarado pola Consellería do Medio Rural.
En setembro de 2016, e dada a situación crítica dos incendios que estaban a arrasar a comarca, tivo lugar unha manifestación en Verín, convocada pola CIG, á que acudiron distintas asociacións, organizacións e particulares, entre as cales estaba ADEGA-MONTERREI.
O luns 30 de xaneiro, a CIG rexistrou no Parlamento galego unha proposición non de lei (PNL) dirixída aos catro grupos parlamentares de cara a conquerir unha importante mellora para os traballadores e traballadoras fixos descontinuos de tres meses do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759