Ese "todos contra o PP" é o mantra que desde todos os sectores progresistas e de esquerdas repitese para criticar aos que non acreditamos que ese sexa o centro do problema.
Ha un ano escribíamos nun artiguo titulado, "a politica no posto de mando". "Alguén concibe que é posible rexeitar as políticas austericidas e de recortes da UE e dos gobernos, sen romper con eles? Alguén cre que é posible o dereito a decidir das nacións baixo unha constitución que o rexeita explicitamente? Alguén cre que é posible unha mellora das condicións de traballo baixo a lóxica infame do pacto social sistemático, inaugurado polos Pactos da Moncloa?."
En fin, alguen cre sinceiramente que o "todos contra o PP" resume as loitas polos direitos sociais, políticos e nacionais no cadro do rexime do 78 e da UE? Ou todo é un paripe para que alguns que nunca acreditaron na loita contra o rexime e a UE, cheguen a cargos publicos, con afirmacións como que o "aborto non é central" (Carolina Bescansa) ou que rexeintan abertamente o direito a decidir dos pobos (o ex senador ex do PSOE de Paco Vazquez, sr Buitron).
Ninguen nega que sacar o PP da Xunta supon umha alegría para calquera democrata; mas iso non se pode facer sen decir, no mesmo programa, que a saída do PP de Xunta non resolve o problema da austeridade, dos recortes, da negacion dos direitos nacionais, nin da represión contra os activistas sociais, independentistas ou non; que só apuntando ao Rexime e a UE, á sua ruptura, é posible garantir esos direitos sociais e políticos.
Non facelo así, e hai qeu decilo con todas as palabras, é enganar á poboación, pois se lle esta vendendo que cun cambio de persoas na Xunta, mudaran as politicas.
O problema non está en decir que se queren mudar cousas concretas como os salarios, as condicions de vida e traballo da paboación, mas tamen cómo iso imos conseguilo se hoxe (14 de xullo de 2016) a UE acaba de aprobar que o Estado Español e Portugal teñen que seguir cos recortes. A cuestión non decirlle á poboacion traballadora o que xa sabe, esa é a parte facil pois xa o vive, senon que o que hai que dicer é como imos conseguilo diante dumha UE e un Rexime que teñen como eixos esas políticas.
Fagamos un esforzo de imaxinación, que vexo interesadamente escasea nos que chaman á "unidade contra o PP"; imaxinemos: botamos o PP, e entra un goberno de PSdG / En Marea, que fai frente a resolución que hoxe, 14 de xullo do 2016, a UE aprobou de máis recortes.
Ha duas opcions, umha, facer un Tsipras ou un Hollande (lembremos que el tamen chegou o goberno prometendo antiausteridade), prometer antiausteridade e o final aplicar as políticas da UE e o goberno central, e traizoar ás ilusións da poboacion traballadora.
Dous, o que non fixo Tsipras (de Hollande non se esperaba), negarse a aplicar esas politicas, facer outras distintas, verdadeiramente antiausteridade, como no pagar a debeda, non aplicar as leis antiobreiras e antipopulares na Galiza, ate o punto de que se é preciso se chama a desobediencia das leis inxustas (invocando o direito á rebelión), e comezar o proceso de autodeterminación da Galiza que permita o seu pobo traballador lexislar sobre todos aqueles aspectos que lle afectan como pobo, desde as reformas laborais ate a lingoa e a cultura.
Esta claro que a primeira opción, ate o de agora, foi a que adoptaron todas as forzas que prometen o cambio, desde IU (alianza IU PSOE en Andalucia) ate o BNG (Bipartido galego), e nada indica qeu mudaran cualitativametne a sua posición.
As novas forzas non sabemos o que farán, mas o seu silencio ante elementos centrais como a relacion coa UE ou o Rexime do 78 non axuda nada a seren optimistas.
A segunda opción, como supon un enfrentamento directo coas forzas economicas e politicas que dominan na UE (Merkel á cabeza), hai que aprender dos viciños, e non facer como o goberno de Syriza (por iso foi derrotado), ir a negociar sen a sociedade mobilizada. A historia demonstra, e hoxe coa que está caendo no capitalismo máis, que so "a loita paga"; que un voto é un papel mollado para a Comisión Europea, que ninguen votou, para o rexime do 78, que ninguen votou, para a OTAN, que ninguen votou. Que só millons de persoas na rua, paralizando fabricas e cidades, podese frear a eses poderes.
Voltando o comenzo, a palabra de orde "todos e todas contra o PP", sen aclarar que esto é parte, e non a mais importante, de "todos e todas contra a UE e o Rexime", é unha falsa bandeira progresista. Non prantexalo deste xeito só serve para desviar o obxectivo central de acabar cos verdadeiros responsabéis do austericidio e os recortes, ademáis o ser unha consigna ambigua, a seu calor serve para que os trepas que quedaron sen cargos publicos no PSOE, IU, BNG, etc., procuren un posto político.
O fracaso de Unidos Podemos ten que ver con esta ambiguedade no programa, que fixo que toda a xente que viña loitando desde fai anos, tralo 15M e as folgas xerais, e que o 22M do 2014, nas Marchas da Dignidade, acreditaran sinceiramente na posilidade dun verdadeiro cambio no Estado Español. Mas non un cambio cosmético, de formas e de persoas, senon do proprio rexime. A fuxida de 1.200.000 votos ten esta base.
Ainda asi, non acreditamos que a través do voto se poda mudar nada, a pesar de que éste é o verdadeiro balance do que aconteceu o 26J -que moitos non entenderon-; só a través da mobilización e a autoorganización da poboación traballadora é posibel conseguilo.
A tarefa non só é quitar o PP para poñerse outros que sabemos pola experiencia, van facer a politica que deciden Bruxelas ou Madrid, senon organizarse seriamente para enfrentar o rexime do 78 e a UE, asi teñamos que esperar e acumular forzas. Ainda que os tempos electorais digan o contrario, a historia xoga o noso favor se non nos deixamos levar pola precipitación.
E por último, o imaxinairo colectivo serve de apoio ás propostas das Mareas sobre a base dunha semellanza historica con 1931. Mas é umha semellanza tramposa; en 1931 o agrupamento non foi contra o goberno de quenda, "o todos contra o o PP do momento", senon que a candidatura chamabase claramente "republicano socialista", é dicer, xa desde o nome apuntaban o rexime, a monarquía, e o sistema social, o capitalismo. E ainda que sabemos que o acordo era ben burgués, quen se sumara a el sabía onde ía. Con as "mareas" non sabemos onde vamos, se contra o PP (a maioria dos seus dirixentes), contra o Rexime (alguns) e case nengun contra a UE.
Clarexemos quén é o noso inimigo, e deixemos de darlle voltas ás candidaturas: preparemonos para loitar e nos organizar, no cadro dunha gran crise politica como anuncia o Brexit.