Publicidade

Diário Liberdade

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.

Publicado em Galiza

Este xoves, 22 de decembro, ADEGA organiza no Refectorio do Museo Provincial de Lugo ás 20.00 horas a xornada “O valor do Pedregal de Irimia, iniciativas para a súa conservación".

Publicado em Galiza

O lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves, mamíferos e tartarugas. Estes animais poden verse atrapados entre o lixo ou morrer directamente pola inxesta dos propios residuos. Ademais, non só a nosa fauna vese ameazada, senón que moitos dos produtos vertidos ao mar conteñen substancias tóxicas e bioacumulativas que poden entrar na cadea alimentaria, rematando por provocar problemas de saúde na poboación. Por outra banda, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias provoca numerosas perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto enorme de limpeza para as administracións.                                                        

Publicado em Galiza

Por ocasião da Conferência das Partes 22 que decorre até 19 de novembro de 2016 em Marraquexe, Marrocos, a Campo Aberto emite o seguinte comunicado:

Publicado em Mundo

A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio  arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.

Publicado em Galiza

Este pasado 16 de outubro comezou a tempada de caza para as preto de 50.000 licenzas que existen en Galiza. A Lei 13/2013 de caza de Galiza é unha norma feita por e para os cazadores, aos que lles concede case en exclusiva os dereitos sobre grande parte do monte galego durante o periodo hábil (nesta tempada, do 16 de outubro ao 6 de xaneiro de 2017), sen contar batidas e "campionatos". A norma obvia que a caza é unha actividade máis do medio rural que debería compartir o mesmo territorio con outras actividades, buscando a compatibilidade dos usos en troques de apostar pola imposición.

Publicado em Galiza

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de diferentes institucións e entidades (concellos, asociación, etc) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Unha exposición sobre especies invasoras e a súa problemática editada no marco do Convenio entre ADEGA e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Publicado em Galiza

ADEGA e outras organizacións acaban de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos.

Publicado em Galiza

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Publicado em Galiza

Os océanos, a través da súa capa mais superficial, funcionan como sumidoiros de CO2 atmosférico, chegando a absorber gran parte do excedente gaseoso, que foi en aumento parello á incremento da actividade industrial, entre outras causas.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar