NUNCA MÁIS FEIJÓO
Temos que largar ao presidente amigo dos narcos do seu trono da xunta. Que o PP perda as próximas eleccións non vai ser ningún remedio máxico que vaia acabar con tódolos problemas que sofre Galiza, máis si é a oportunidade de frear unhas políticas corruptas, privatizadoras, represoras e antigalegas, que provocan que hoxe o noso país se atope nunha situación de emerxencia nacional, con centos de miles de traballadores parados, precarios e emigrados e con 1 de cada 5 galeg@s vivindo en situación de pobreza extrema.
O imigo é forte, sabemos que o PP controla case todos os medios de comunicación e que esta tremendamente favorecido pola actual e fraudulenta lei electoral. Sabemos tamén que Feijóo e compañía teñen montada unha rede caciquil de enchufismos e amiguismos por todo o país. Pero lembrade que nós, o pobo galego, xa conseguimos extirpar ao PP da Xunta unha vez, e hoxe máis que nunca é necesario reactualizar toda aquel exemplo de forza, rebelión e dignidade colectivas que representou o Nunca Máis.
Aquí e agora o colectivo social apartidista Nunca Mais Feijóo, presentamos unha campaña de comunicación para difundir datos e informacións claves e incontestables, para que calquera persoa poda entender que temos que mobilizarnos contra este goberno mentireiro e antidemocrático.
Independentemente do que puideran indicar as futuras enquisas dos medios comprados pola dereita, Feijóo xogase gañar ou perder estas eleccións por uns cantos miles de votos.
O noso obxectivo é crear unha onda de información crítica que favoreza que os votantes galegos, especialmente os indecisos, non voten nin ao PP nin a Ciudadanos (pois pactarían con Feijóo); pero sobre todo que os votantes abstencionistas críticos descridos coa política electoral actual, entendan que votar a algunha das alternativas é moito mellor para eles, a súa xente e para Galiza, que un novo goberno do PP de Feijóo.
Dende Nunca Máis Feijóo, crearemos perfís nas redes sociais, os cales estarán operativos a partir deste domingo 14 de abril. Nestes perfís difundiremos datos, gráficas e vídeos que amosen as vergoñas deste desgoberno do PP de Feijóo, para intentar crear esa gran onda de difusión social.
Aínda que estamos traballando de xeito voluntario, crearemos unha campaña de achegas económicas para financiar os gastos da campaña (materiais, transporte, audiovisuais…), pois lembrade que somos un colectivo apartidista e que esta nacendo. Esta campaña de achegas iniciarase a partir da vindeira semana.
Unha sociedade máis xusta e igualitaria, con traballo digno na nosa terra, sen desafiuzamentos, nin corrupción, nin miseria, nin represión é posible, sigamos construíndoa, desta vez botando fora ao presidente amigo dos narcos.