Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 21 Setembro 2016 08:52

Corrente Vermelha nom define opçom de voto para 25 de setembro

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Institucional / Fonte: Corrente Vermelha

Comunicado da Corrente Vermelha com motivo da convocatória eleitoral de 25 de setembro.

COMUNICADO DA CORRENTE VERMELLA DIANTE DAS ELECCIÓNS

Para o vindeiro 25 S novamente, e despois de dous anos electorais sen tregua, a poboación está chamada a votar, agora para decidir que vai estar na Xunta nos vindeiros anos, se o PP, ou umha alternativa de progreso.

Ha 8 años que o PP voltou á Xunta, despois da experiencia da Xunta Bipartita. O inves que esta, que fixo umha política tímida por seren benevolentes incapaz de sentar as bases para resolver os problemas endémicos que sufre a poboación traballadora, o PP non so destruíu o pouco que fixeran a Bipartita, mas, en aplicación das políticas de UE de recortes e austericidio, foi mas aló. Comezou a demolición definitiva dos servizos sociais, dos servizos públicos, mal vendeu as caixas de aforro, freou calquera intento de industrialización da Galiza, puxo aos sectores produtivos primarios en situación de debilidade fronte os interese das grandes cadeas agro alimentarias... despreza a cultura e o idioma galego como so pode facelo un submiso e paleto. A Xunta do PP é un desastre para Galiza, que se demonstra pola perda de 200 mil xovenes que saíron á emigración; o seu paso significa a demolición da sociedade galega; por iso, “hai que botalos”.

Despois de 8 anos do PP as tarefas de reconstrución nacional non se cinguen a medidas “rexeneradoras”. O Bipartito demostrou, e non foi ha tantos anos, que as medias tintas, as medidas para contentar a “tirios e troianos” só abren as portas a volta do PP e do neofranquismo á Xunta, se é que daquela queda Xunta, porque o réxime do 78, as súas institucións fundamentais (a monarquía, o exercito, a xudicatura, o goberno), ten umha tendencia recentralizadora que quere converter mesmo as CC AA en meros aparellos administrativos do estado: o ultimo ataque é a pretensión do goberno central de asumir as competencias en pesca e marisqueo nas rías, que constitúen case o 10 do PIB galego, ao servizo das grandes cadeas de acuicultura. O Estado Español quere asumir o pouco de control sobre as nosas riquezas que xa temos, coa consecuencia dun maior empobrecemento, emigración e desmantelamento social.

O problema do pobo traballador galego chamase Estado Español e Unión Europea, as súas medidas austericidas, de recortes e recentralizadoras, que nese camiño suicida que é a “concentración e centralización de capital” (o “mais madeira que é a guerra”) destrúe ás nazóns periféricas, os direitos e as conquistas dos pobos desas nazons. Por elo, calquera perspectiva de defensa destes direitos pasa sen escusa polo enfrontamento con eles. Silenciar diante da poboación esta contradición debilita calquera alternativa, anunciando un final desastroso como foi a Xunta Bipartita.

Para Corrente Vermella umha proposta de “progreso” que “prometa” mesmo a resolución das medidas mais urxentes da poboación traballadora, ten que respostar á pregunta: cando a UE e o goberno central exixan a disciplina aos limites do déficit, é dicer, mais recortes nos servizos públicos e sociais; cando a UE e o goberno central exixan aplicar as reformas laborais, as xa vixentes e as que veñan; cando a UE e o goberno central exixan as institucións o pagamento da débeda en nome do artigo 135 da Constitución,... Que se vai dicer?. Admitirase a chantaxe como fixo Syriza en Grecia o ano pasado, ou vaise seguir o exemplo da clase traballadora británica e exixirase un “Galexit”.

Para Corrente Vermella o voto está en función desta perspectiva de preparar a mobilización obreira e popular contra as medidas que desde a UE e o réxime, a través do seu goberno, van a querer impoñer. Comprendemos as ilusións da poboación traballadora no “hai que botalos”, tras 8 anos de demolición social. É certo, mas tamén é certo que a realidade impón ir mais alo dos limites dumha lexislación feita á medida das políticas de austeridade e de recortes; por iso, para Corrente Vermella, vote o que se vote, é preciso comezar a agrupar forzas para eses enfrontamentos.

Para Corrente Vermella, a partir do recoñecemento de que o inimigo non é so o goberno do PP, Xunta e Central, senon a Unión Europea e o Réxime do 78, si considera que é preciso levantar un verdadeiro plan de emerxencia obreiro e popular, que permita á clase traballadora e o pobo resolver as súas necesidades a través da súa loita e organización. Este programa ten catro eixos centrais:

1.- Resolver as necesidades sociais da clase traballadora a través da derrogación das reformas laborais, das privatizacións de servizos públicos e sociais, e de todas as medidas antiobreiras e antipopulares dos gobernos PPSOE.

2.- Sentar as bases para blindar politicamente as conquistas sociais a través da nacionalización baixo control obreiro das industrias estratéxicas, das grandes multinacionais, da Banca e as empresas en crise, o que supón a inmediata renacionalización dos servizos públicos privatizados, e os que sempre foron privados (transporte publico).

3.- Polos direitos individuais e de xénero a través da derrogación de todas as medidas que manteñan a opresión das mulleres e recorten as liberdades das persoas, e adopción de medidas que fomenten as liberdades individuais desde o dereito o aborto na seguridade social ate a ruptura definitiva da dependencia do estado da Igrexa Católica, etc.

4.- Polos direitos políticos que parte da derrogación das medidas de excepción como a Lei Mordaza, de Partidos, etc. O problema da Galiza é o problema da constitución actual do réxime do 78 e a súa pertenza á Unión Europea, por iso a loita polo exercicio inmediato do direito á autodeterminación da Galiza e a saída da UE é fundamental para que estas conquistas sociais teñan umha garantía política: calquera conquista baixo este Réxime e a UE esta hipotecada pola sua mesma existencia.

Corrente Vermella é consciente de que as forzas que enfronta a clase traballadora e o pobo galego son moi poderosas; ademais, é consciente de que as mesmas forzas económicas e políticas, o capital, a UE e os seus gobernos, que impoñen a demolición da sociedade galega, son os que aplican as medidas que destrúen todas as conquistas de todos os pobos de Europa, desde Grecia ate Gran Bretaña, pasando por Francia, Italia ou o resto do Estado Español.

Poren, para Corrente Vermella non pode haber umha solución para o pobo traballador galego se non é a través da unidade cos seus compañeiros e compañeiras da clase traballadora española e europea, baixo a exixencia dumha Federación de Repúblicas no cadro dumha Europa dos Traballadores e as Traballadoras e dos pobos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar