Son unha Cooperativa de consumidoras sen ánimo de lucro, que xurde coma un proxecto socio-económico que garante o acceso a produtos ecolóxicos, locais e de comercio xusto, é dicir, produtos obtidos preferentemente na nosa contorna, libres de transxénicos e agrotóxicos, e cunha relación calidade-prezo equitativa para as/os produtoras/es e para nós. Tamén organizan e difunden actividades de todo tipo, orientadas á concienciación dun consumo responsable, o coidado do medio ambiente e outro modelo de economía.
Foron a primeira cooperativa de consumo consciente e comercio xusto en Galiza, sendo pioneiras neste campo, e fomos referente e apoio para novos proxectos semellantes ao noso (Panxea, A Xoaniña, Zocamiñoca...). A maiores, impulsaron o movemento asociativo cooperativo, formando parte da Federación de Cooperativas de Galicia SINERXIA. Reciben moitos recoñecementos pola súa labor, sendo un dos máis coñecidos o premio pola promoción do cooperativismo da man do Consello Galego de Cooperativas (2004).
O día 1 de outubro queren festexar o seu XV Aniversario e compartilo coas/os socias/os e con todas as persoas que queiran ir a celebralo. Para isto organizan ao longo de todo o día, charlas, obradoiros, concertos, exposicións e proxeccións no local da cooperativa (López Mora,30-Vigo). Nun principio, este acto solicitaron celebralo na Praza da Independencia e compartilo con todas/os as veciñas/os, pero debido á demora e falta de colaboración do Concello de Vigo, decidiron realizar as actividades no seu local. Ao longo deste ano 2016 seguirán tendo unha programación de diversas actividades (charlas, proxeccións, exposicións...etc) enmarcadas neste Aniversario. (Mandámoslle cartel anexo do programa de actividades do día 1 de outubro)