"Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir".
Baixo o lema “organizar a mocidade para construír o futuro”, a organización xuvenil Isca lanza unha campaña de afiliación co obxectivo de organizar mocidade galega en parámetros revolucionarios e independentistas.
As militantes de Isca! explicam que "acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.
A organización xuvenil Isca! ven de desenvolver unha acción-denuncia da situación na que se atopa a mocidade. Baixo o lema "se a clase obreira todo o produce, a ela todo pertence" este pasado sábado na rúa Príncipe de Vigo denunciaron as dificultades para atopar un emprego, as precarias condicións ás que nos temos que someter após rematar os estudos etc. Tamén quixeron destacar as dificultades nas que se atopa a muller á hora de parir e para conciliar traballo e crianza.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759