Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: lume

As organización sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Dende hai máis dunha semana varias unidades dos servizos de extinción de incendios, teñen que facer o seu traballo sen poder contar coa autobomba debido a que se detectaron fallos no sistema de freado da última remesa de vehículos entregados á Xunta de Galiza.

Publicado em Galiza
Tagged sob
Sexta, 19 Agosto 2016 11:23

Arde Galiza. Apontamentos de verao

Mais unha vez arde Galiza -e non precisamente no político. Non é que non arda noutros sitios e que aquí arde con cíclica premeditación. Con “temor e tremor” existencial que nos leva á paralisia e aceptación da nulidade do que temos medo a perder perante a expectativa de que ou ben no planeta  todo só aquí, na Portugaliza húmida e verdecente, arde o monte e danos igual, ou que non nos dá igual, mas como é do común non é de ninguén e non facemos nada por evitalo. Ambas e duas opcións son igual de inaturábeis. Que o país que temos medo de perder, estivo sempre perdido.

Publicado em Galiza

Non o di nin a oposición nin os sindicatos, senón o Consello de Contas, o ente independente fiscalizador das contas públicas galegas: “Aínda que o primeiro obxectivo do Plan Forestal [da Xunta] era a estruturación e capitalización dos espazos forestais, transcorridos máis de 20 anos desde a súa aprobación os esforzos orzamentarios séguense concentrando no programa de prevención e extinción de incendios”. Así o di en plena precampaña das autonómicas e coa temporada de máximo risco de incendios xa iniciada, nun informe que fixo público hai agora xusto un mes, o pasado 15 de agosto, pero que, desvelado nunha fin de semana de verán entre outros moitos informes sobre as contas públicas, non tivo ata o de agora ningún eco mediático.

Publicado em Galiza

Lamentablemente, Galicia acapara estes días os titulares nos medios de comunicación pola vaga de 
incendios forestais que asolan a nosa Comunidade, a maioría deles provocados pola acción incendiaria de 
desalmados criminais que, non só están destruíndo o noso patrimonio natural senón, tamén, poñendo en 
risco os bens materiais e, o que é peor, as vidas de moitas persoas.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Na xornada de onte, sendo as 10:00 horas da mañá, reuníase de urxencia e mediante convocatoria extraordinaria a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia. Sobre a mesa un único tema: a preocupación pola vaga de incendios que se están a producir no territorio galego.

Publicado em Galiza

Máis incendios, máis grandes e con máis risco para a poboación. Esa é a evolución nas últimas horas dos lumes forestais que se veñen rexistrando fundamentalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra desde a noite do pasado domingo. Na mañá deste xoves a Situación 2 de alerta, que contempla desaloxos por risco para a poboación, está activa en cinco incendios, en Santiago, Porto do Son, Soutomaior, Avión e Cee, que suman só entre eles máis de 1.700 hectáreas afectadas. Ademais, outros dous incendios rexistrados en Arbo e Crecente suman 500 e 200 hectáreas respectivamente. Estas cifras deixan pequenos os incendios iniciados o luns e xa controlados de Cotobade, Caldas, Mondariz e Soutomaior, que suman unhas 1.100 hectáreas.

Publicado em Galiza

De novo, Cotobade. Unha década despois de que este municipio pontevedrés tornase na 'zona cero' da peor vaga de lume en Galicia en dúas décadas, a súa contorna volveu sufrir dende este luns en primeira persoa o ataque das lapas. O incendio que comezaba pouco despois das cinco da tarde na parroquia de Tenorio acabou chegando a Pontevedra e arrasando unhas 365 hectáreas, segundo a última estimación da Xunta. Non moi lonxe, en Caldas de Reis, outro incendio queimaba outras 290 hectáreas, e algo máis ao leste, en Mondariz, un terceiro incendio afectaba a outras 160 hectáreas. En total, xa máis de 800 hectáreas. Nos tres casos desaloxáronse vivendas pola proximidade do lume.

Publicado em Galiza

O goberno de Feijoo continúa avanzando na súa liña de desmantelar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Tennos acostumados á súa falta de previsión e nula organización.

Publicado em Galiza

O incendio de Fandicosta do pasado 9 de Maio segue dando que falar. Se xa escoitamos no seu día aos Bombeiros de Vigo, polo caos da xestión do 112 no incidente, agora súmanselle os Bombeiros de Pontevedra, os cales aseguran que o actual sistema de emerxencias galego fallou, falla e seguirá fallando de non tomarse as medidas oportunas.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar