Con bágoas de impotencia recibiron este luns as vítimas do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas, a admisión por parte de ADIF de que durante tres anos omitira “por erro” a entrega ao xulgado de documentación “relevante” para a investigación, segundo as súas propias verbas. Logo de reiteradas promesas de “transparencia” e “colaboración coa xustiza” dos máximos responsables de Fomento, Adif e Renfe, os afectados consideran que o agora ocorrido proba unha vez máis as súas denuncias de que o Goberno está a entorpecer a investigación.
Um erro da ou do maquinista figura entre as causas de 11 dos 28 eventos que pudêrom terminar com acidentes ferroviários em diferentes países do Estado espanhol, e que o Ministério espanhol das Obras Públicas registou entre 24 de julho de 2013 e a data atual.
O descarrilamento do comboio Celta no Porrinho, que provocou a morte de quatro pessoas e feriu outras 48, é o segundo acidente ferroviário de gravidade registado na Galiza nos últimos três anos. Por enquanto, as causas do sinistro som desconhecidas, mas o debate sobre a qualidade e segurança das infraestruturas ferroviárias da Galiza e Portugal está novamente aberto.
O Colectivo veciñal da Ribeira de Barallobre propon ao Concello de Fene a celebración dunha nova HOMENAXE polas VÍTIMAS do ALVIA neste 3º Aniversario deste fatal accidente nas proximidades da Estación de S. De Compostela, lugar de Androis para o vindeiro domingo día 24 de xullo ás 20,30horas na propia Estación de Barallobre.
Nas comarcas da Coruña (398 mil), Betanzos (39 mil), Eume (26 mil) e Ferrol (159 mil) viven máis de 600 mil persoas (470 mil só nos concellos atravesados pola liña de ferrocarril). Porén, entre Ferrol e A Coruña circulan tan só seis tres diarios (ningún entre as 8.45 e as 14.30), que tardan unha hora e cuarto en realizar un percorrido de 50 quilómetros. Galicia é a única comunidade autónoma costeira que non dispón de servizo de tren de proximidade, máis barato e con máis frecuencias que os rexionais ou de media distancia. Os últimos foron anos de recortes, falta de investimento, degradación do servizo e desmantelamento. Peche de estacións e redución de frecuencias que fixeron menos atractivo un modo de transporte limpo, barato e cómodo, que evita atascos e que ten éxito nos lugares de España e de Europa onde funciona de xeito axeitado.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759