Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: psicologia

Sábado, 20 Abril 2019 02:26

O Brasil e a Psicologia de massas

[Ricardo Bevilacqua] Mas como se deve juntar e medir a força do atual governo brasileiro?

Publicado em Brasil

A falta de accesibilidade real ao tratamento psicolóxico na sanidade pública galega foi a principal conclusión da xornada que na mañá deste Sábado se desenvolveu no Hospital de Oza da Coruña, con motivo do 20 aniversario da creación da especialidade de psicoloxía clínica, na que participaron os psicólogos e psicólogas clínicas da EOXI da Coruña, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos/as Clínicos/as do SERGAS (APCS) e o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).

Publicado em Galiza
Tagged sob

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido onte luns en Redondela, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

Publicado em Galiza

Hoxe sábado día 28 de xaneiro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un obradoiro sobre o tratamento penitenciario que reciben os penados por delitos de violencia de xénero. Este obradoiro será impartido por Víctor Fraga Gayoso, psicólogo e director de programas do Centro Penitenciario de Monterroso, e terá lugar na sede do Colexio, en Santiago de Compostela.

Publicado em Galiza
Quarta, 16 Novembro 2016 07:06

Saúde mental em Vigo: menor dotaçom impossível

O pasado mes de abril, profesionais asistenciais adscritos ás unidades psiquiátricas de hospitalización, situadas no Hospital Nicolás Peña do Complexo Hospitalario de Vigo (SERGAS), dirixíronse á Xerencia da Área expoñéndolle a insuficiente dotación da Unidade Residencial, argumentando que ter unha soa profesional na quenda da noite para atender as necesidades que puidesen presentar as dezasete persoas ingresadas na mesma era claramente insuficiente, e reclamaban unha maior dotación profesional.

Publicado em Galiza

Con motivo de que o 25 de novembro se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza hoxe mércores 16 de novembro ás 19:15 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela, o encontro "Pola Igualdade"

Publicado em Galiza

A Rede Galega da Loita contra a Pobreza recibirá este venres 14 de outubro o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Parador de Ribadeo (Lugo), será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa oito anos.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Este luns 10 de outubro, co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) organiza unha xornada na que a pobreza será a protagonista. Comezará ás 17 horas e desenvolverase na Aula Castelao da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, inaugurada pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández, e a psicóloga clínica Rosa Cerqueiro Landín. 

Publicado em Galiza

Hoxe mércores 21 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada de traballo co fin de analizar as posibilidades de implantar a psicoloxía clínica nos servizos médicos de atención primaria. Nesta actividade organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde tomarase como referencia o modelo catalán e deseñaranse propostas e modelos de actuación adaptándoos ás necesidades da comunidade autónoma galega. 

Publicado em Galiza
Tagged sob

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar