A Consellería vén de publicar as bases para a convocatoria e selección dos contratos-programa para o curso 16/17, e, coma sempre sucede neste procedemento, resulta un despropósito.
O estudantado galego de ensino meio volta estar chamado a sair às ruas da Galiza para luitar contra a LOMQE e as reválidas.
A iniciativa de empoderamento colectivo para a transformación social falará da súa experiencia e o estado actual do proxecto no Centro Social Autoxestionado.
Passárom nove meses desde que um grupo de maes e pais, educadoras e ativistas em defesa da língua, seguindo o exemplo das experiências em andamento em Compostela, Vigo e Trasancos decidimos plantar em Lugo a semente dumha escola em galego com um ensino transformador. Nove meses de cultivo, de dedicaçom e de mimo para vermo-nos hoje recompensados com o fruto deste trabalho: as aulas começarom para a primeira geraçom de crianças da Escola de Ensino Galego em Lugo!
Hoxe sábado 1 de outubro, o recoñecido experto en bullying e ciberbullying José María Avilés Martínez impartirá un obradoiro sobre a intervención en casos de acoso escolar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade está organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa, dirixida a psicólogos e psicólogas que traballan coa comunidade educativa e que poden atoparse cunha problemática tan grave como é o acoso escolar.
A quatro dias de rematar o mês de setembro, podem anunciar já o conjunto de cursos que ofertamos para o ano académico 2016/17.
Alguén dixo (era Cruyff) que o fútbol era un xogo de once contra once onde sempre gañaban os alemáns; parafraseando o xenio holandés case puideramos dicir que as eleccións na Galiza son “uns comicios onde sempre gaña o PP e perde o ensino público”. Nesta liña, cada comezo de curso co goberno do PP na Galiza significou para os centros públicos de ensino do noso país máis recortes, menos profesorado e por tanto unha maior precariedade nun eido fundamental para a nosa vida en sociedade.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759