O comité de empresa do consorcio provincial de bombeiros, formado polos sindicatos SIBGAL, CCOO, UXT e CIG, informa que a inspección de traballo abre un procedemento contra Matinsa.
O Comité de empresa do consorcio de salvamento e extinción de incendios denuncian a Matinsa a inspección de traballo.
Desde a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia mostran o seu descontento e rexeitamento á xestión dos recursos humanos dispoñibles nos servizos de bombeiros que dende a Axencia Galega de Emerxencias se está a facer.
Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia fan unha chamada de atención despois das últimas noticias publicadas na prensa e diversos medios, mais concretamente do reparto de equipos de excarceración a diversos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e agrupacións por parte da Xunta de Galicia, así como da intención do Consorcio Provincial de Ourense de levar a cabo a aprobación dun plan provincial de riscos para a provincia.
A pasada noite do 3 ao 4 de decembro, no polígono de Sabón en Arteixo, declarouse un incendio de grandes dimensións na nave da empresa Acteco, dedicada á reciclaxe de cartón, plásticos, aceites e disolventes.
Medio milleiro de bombeiros de toda Galicia, tanto de parques de xestión directa como de xestión privada, deronse cita en Compostela onte (16/09), para exercer o seu dereito de manifestación. Á cita acudiron tamén compañeiros doutras comunidades.
En maio de 2007 saía publicada a Lei de emerxencias de Galicia. No súa disposición adicional terceira dicía o seguinte:
Na xornada de onte, sendo as 10:00 horas da mañá, reuníase de urxencia e mediante convocatoria extraordinaria a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia. Sobre a mesa un único tema: a preocupación pola vaga de incendios que se están a producir no territorio galego.
De novo, Cotobade. Unha década despois de que este municipio pontevedrés tornase na 'zona cero' da peor vaga de lume en Galicia en dúas décadas, a súa contorna volveu sufrir dende este luns en primeira persoa o ataque das lapas. O incendio que comezaba pouco despois das cinco da tarde na parroquia de Tenorio acabou chegando a Pontevedra e arrasando unhas 365 hectáreas, segundo a última estimación da Xunta. Non moi lonxe, en Caldas de Reis, outro incendio queimaba outras 290 hectáreas, e algo máis ao leste, en Mondariz, un terceiro incendio afectaba a outras 160 hectáreas. En total, xa máis de 800 hectáreas. Nos tres casos desaloxáronse vivendas pola proximidade do lume.
A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia quere louvar o traballo dos Bombeiros de Arteixo e demáis Servizos de Emerxencias que no pasado mércores día 28, traballaron no accidente ocorrido na parroquia de Serantes (Concello de Oleiros).
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759