Publicidade

Diário Liberdade

A falta de accesibilidade real ao tratamento psicolóxico na sanidade pública galega foi a principal conclusión da xornada que na mañá deste Sábado se desenvolveu no Hospital de Oza da Coruña, con motivo do 20 aniversario da creación da especialidade de psicoloxía clínica, na que participaron os psicólogos e psicólogas clínicas da EOXI da Coruña, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos/as Clínicos/as do SERGAS (APCS) e o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).

Publicado em Galiza

 

Um sistema "público e de qualidade" defendido por milhares de pessoas.

Publicado em Galiza

Dende a Rede galega pola defensa do Dereito á Saúde, integrada por Médicos do Mundo, Foro galego de inmigración, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, Agamfec e Amnistia internacional, queren lembrar que lamentablemente neste mes de abril cumpre cinco anos o Real Decreto Ley 16/2012, que supuxo a exclusión do Sistema Nacional de Salud (SNS) de centos de miles de persoas. 

Publicado em Galiza

Fronte a xestión privada, os galegos e galegas defenden a xestión pública da sanidade segundo a enquisa de opinión dos ciudadáns, o chamado Barómetro Sanitario  correspondente ao ano 2016 que elabora o Ministério de Sanidade.

Publicado em Galiza

O pasado mes de abril, profesionais asistenciais adscritos ás unidades psiquiátricas de hospitalización, situadas no Hospital Nicolás Peña do Complexo Hospitalario de Vigo (SERGAS), dirixíronse á Xerencia da Área expoñéndolle a insuficiente dotación da Unidade Residencial, argumentando que ter unha soa profesional na quenda da noite para atender as necesidades que puidesen presentar as dezasete persoas ingresadas na mesma era claramente insuficiente, e reclamaban unha maior dotación profesional.

Publicado em Galiza

As organizacións sindicais CIG-SAÚDE, CSIF, SATSE e UGT, con representación na Mesa Sectorial do SERGAS, e coma garantes de que todas/os as/os traballadoras/es accedan ao sistema público cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, queren denunciar o interese do SERGAS en manter a precariedade laboral e afondar na vulneración dos dereitos das/os traballadoras/es.

Publicado em Galiza

Hoxe mércores 21 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada de traballo co fin de analizar as posibilidades de implantar a psicoloxía clínica nos servizos médicos de atención primaria. Nesta actividade organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde tomarase como referencia o modelo catalán e deseñaranse propostas e modelos de actuación adaptándoos ás necesidades da comunidade autónoma galega. 

Publicado em Galiza

Despois de máis de tres meses do comezo da campaña Badaladas pola prevención do suicidio, cando xa se estendeu o seu son ao longo de Galicia o pasado 30 de xuño, cando ao fin se recoñeceu pola Consellería de Sanidade a necesidade dun plan de prevención, e recollido xa nos programas de goberno das forzas políticas que han de ser a alternativa na Xunta o compromiso de elaborar e aplicar ese plan de prevención, o vindeiro 10 de setembro, no Dia Mundial para a Prevención do Suicidio, o Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) dará a última badalada en Praterías.

Publicado em Galiza

A marcha reuniu mais de mil pessoas.

Publicado em Galiza

Hai máis de dous meses que o Movemento Galego de Saúde Mental denunciou a situación inaceptable na que se atopa a hospitalización de saúde mental infantil e xuvenil da poboación da zona sur de Galicia: as condicións intolerables e antiterapéuticas que infrinxen a legalidade, a vulneración de dereitos da infancia, a carencia de plans e de recursos e dotacións axeitadas, o incumprimento de promesas electorais e das realizadas polos xestores do novo hospital, etc.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar