O lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves, mamíferos e tartarugas. Estes animais poden verse atrapados entre o lixo ou morrer directamente pola inxesta dos propios residuos. Ademais, non só a nosa fauna vese ameazada, senón que moitos dos produtos vertidos ao mar conteñen substancias tóxicas e bioacumulativas que poden entrar na cadea alimentaria, rematando por provocar problemas de saúde na poboación. Por outra banda, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias provoca numerosas perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto enorme de limpeza para as administracións.
Esta iniciativa continúa os traballos de eliminación de EEI iniciados en 2015 así como as tarefas de estudo e mantemento das charcas e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de diferentes institucións e entidades (concellos, asociación, etc) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Unha exposición sobre especies invasoras e a súa problemática editada no marco do Convenio entre ADEGA e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.
ADEGA e outras organizacións acaban de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos.
ADEGA organiza unha nova actividade de voluntariado ambiental para eliminación de invasoras hoxe sábado 24 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é o río Limia e a contorna da Lagoa de Antela que forman parte do ZEC Baixa Limia. Esta actividade enmarcase dentro do convenio que ADEGA asinou coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”.
Perante os diversos intentos de SOGAMA de 'deslocar' o seu vertido de residuos a outras ubicacións diferentes da Areosa (Trazo, Ordes...) ADEGA requeríu da administración a caracterización destes refugallos. A crecente preocupación da poboación situada nos arredores destes novos vertedoiros estaba xustificada: a prática totalidade dos refugallos analisados incumpren cos mínimos legais de contaminantes.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) na súa delegación de Compostela denuncia a situación na que se atopa o río Sar no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón.
ADEGA organiza xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia un campo de voluntariado ambiental que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xullo. O lugar escollido para esta nova actuación é a illa de Sálvora no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta iniciativa continúa os traballos de eliminación de EEI iniciados en 2015 así como as tarefas de estudo e mantenemento das charcas e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
ADEGA e Mariña-Patrimonio denuncian danos masivos ao patrimonio histórico-arqueolóxico pola industria do eucalipto.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759