A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, veu de decretar a continuidade do alto risco de incendios forestais a partires do día 1 de Outubro, nun período que se prolongará ata o 15 do mesmo mes.
En maio de 2007 saía publicada a Lei de emerxencias de Galicia. No súa disposición adicional terceira dicía o seguinte:
[Jesús Dorado Noya] Nestes días a provincia de Ourense está sendo un inferno. Un inferno de lume en concellos coma Oímbra, Muiños, Boborás ou Lobios, nos cales xa van arrasadas máis de 3.500 hectáreas a data do 7 de Setembro.
As organización sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.
Dende hai máis dunha semana varias unidades dos servizos de extinción de incendios, teñen que facer o seu traballo sen poder contar coa autobomba debido a que se detectaron fallos no sistema de freado da última remesa de vehículos entregados á Xunta de Galiza.
Lamentablemente, Galicia acapara estes días os titulares nos medios de comunicación pola vaga de
incendios forestais que asolan a nosa Comunidade, a maioría deles provocados pola acción incendiaria de
desalmados criminais que, non só están destruíndo o noso patrimonio natural senón, tamén, poñendo en
risco os bens materiais e, o que é peor, as vidas de moitas persoas.
Máis incendios, máis grandes e con máis risco para a poboación. Esa é a evolución nas últimas horas dos lumes forestais que se veñen rexistrando fundamentalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra desde a noite do pasado domingo. Na mañá deste xoves a Situación 2 de alerta, que contempla desaloxos por risco para a poboación, está activa en cinco incendios, en Santiago, Porto do Son, Soutomaior, Avión e Cee, que suman só entre eles máis de 1.700 hectáreas afectadas. Ademais, outros dous incendios rexistrados en Arbo e Crecente suman 500 e 200 hectáreas respectivamente. Estas cifras deixan pequenos os incendios iniciados o luns e xa controlados de Cotobade, Caldas, Mondariz e Soutomaior, que suman unhas 1.100 hectáreas.
De novo, Cotobade. Unha década despois de que este municipio pontevedrés tornase na 'zona cero' da peor vaga de lume en Galicia en dúas décadas, a súa contorna volveu sufrir dende este luns en primeira persoa o ataque das lapas. O incendio que comezaba pouco despois das cinco da tarde na parroquia de Tenorio acabou chegando a Pontevedra e arrasando unhas 365 hectáreas, segundo a última estimación da Xunta. Non moi lonxe, en Caldas de Reis, outro incendio queimaba outras 290 hectáreas, e algo máis ao leste, en Mondariz, un terceiro incendio afectaba a outras 160 hectáreas. En total, xa máis de 800 hectáreas. Nos tres casos desaloxáronse vivendas pola proximidade do lume.
O goberno de Feijoo continúa avanzando na súa liña de desmantelar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Tennos acostumados á súa falta de previsión e nula organización.
A actuación no voraz incendio que destruíu as instalacións da conserveira Fandicosta en Moaña non estivo exenta de polémica pola intervención de medios suficientes ou non para atallar o lume desde o seu inicio. Na provincia ourensá, as zonas que concentran máis naves industriais, e con maior risco por almacenar materiais tóxicos ou químicos, son o polígono de San Cibrao en Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Carballiño. Que ocorrería se se presentase un incendio de grandes dimensións e con risco químico similar ao de Fandicosta nalgún polígono da provincia Ourensá?
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759