Este ano, Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega cumpre 15 anos. Foron 15 anos de aposta por unha economía social, ecolóxica e solidaria. Foi unha aposta arriscada nun inicio, pero hoxe en día consolidou un proxecto viable e imprescindible para unha sociedade máis xusta.